25 septiembre, 2006

EQUIPO CAMPIÓN DE PONTEVEDRA DE RASTRO DE COELLO


Catro das cadelas que aparecen aquí gañaron o sábado 23 de setembro en Vila de Cruces o campionato provincial de rastro de coello.
Tanto Volta du Rocher de Charmes 1ª esquerda como Valiña, Trosca e Vaira 1ª dereita obtiveron unha puntuación de 140 puntos, en total 560.
Despois de levantar un coello realizaron unha persecución continuada de 40 minutos sen pérdidas ata que o coello no último minuto da proba gardouse no tobo.