08 noviembre, 2011


O 25 de setembro, o Club do Basset Leonado organizou unha proba de rastro de coello en Dehesas (Ponferrada). Contou coa presenza do xuíz frances Sr. Trecherel. A densidade de coellos era moi boa, pero a temperatura era altísima e ademais o terreo non permitiu ver lances de longa duración. Estaba cheo de buratos e os coellos rapidamente se gardaban, non daban apenas xogo. Os dous equipos levantaron numerosos coellos, pero como xa dixen as carreiras cortas. Aínda así, o xuíz valorou moi positivamente o traballo dos equipos. Os resultados foron os seguintes:
EITO DAS TORRES VIKINGAS: 115 Puntos.
ELFO DAS TORRES VIKINGAS: 120 Puntos.
EIDO DAS TORRES VIKINGAS: 115 Puntos.
VAIRA: 130 Puntos.
O segundo equipo, con Ramón Busto acadou estas puntuacións:
VENTO DU ROCHER DE CHARMES: 135 Puntos.
DUN DAS TORRES VIKINGAS: 120 Puntos.
DAKAR DU RALLYE DE RAMONDENS: 125 Puntos.
FACO DAS TORRES VIKINGAS: 115 Puntos.