19 noviembre, 2011

O FUTURO




Ola de novo: aquí nestas fotos, pode estar o futuro. Na que aparecen tres, son fillos de TINA (TROSCA) e de EITO DO TOXAL. É un cruce especial posto que con el busco as mellorores características de TROSCA. Ademais TROSCA xa ten demostrado ser unha excepcional reprodutora.
Despois aparece unha cadela filla de COSTA DAS TORRES VIKINGAS (propiedade de Javier Ayaso) e de VENTO DU ROCHER DE CHARMES. De VENTO, pouco novo vos podo contar, teño varios fillos del, e todos cazando moi ben. De COSTA decirvos que me sorprendeu enormemente, é a cadela que calquera cazador lle gustaría ter, tenaz e intelixente.
Na última aparece TOXO, eu chamareino GOIO, é fillo de DUNA DAS TORRES VIKINGAS e de DAKAR DU RALLYE DE RAMONDENS. Ten un excepcional pedigree. Na proba de COLES, pregunteille a PASCAL LAMAZIERE por os seus pais BRICK E TANDRESSE e a resposta foi que eran excelentes cazadores, por iso BRICK é ELITE A e TANDRESSE ten varia probas excelentes.
Teñen entre 7 e 5 meses. A partir de xaneiro comezaremos a entrenalos "en serio".
Un saúdo