18 febrero, 2014

PROBA DE MUROS O domingo 9 de febreiro, a carón da lagoa de Louro, en Muros, e cunha chuvia intensa e interminable, participei nunha proba de rastro de coello organizada polo Club do Beagle. A verdade é que tal e como se presentou a mañá ninguén podía esperar que se produciran uns lances tan bos. O terreo estaba absolutamente empapado, o enxurro e os regueiros de auga corrían por todos lados, eran necesarias unhas boas botas e roupa para non acabar enchoupado (pode comprobarse nas fotos). O equipo realizou ao meu entender un excelente traballo, levantou tres coellos dunha forma espectacular, un deles viuse varias veces e o seguimento foi ata o remate do tempo. O único apartado que baixou as puntuación foi que GALO quedou descolgado do equipo despois do segundo levante e incorporouse un pouco tarde ao terceiro. Con todo, o obxectivo está cumprido, as tres cadelas teñen como mínimo dúas probas moi boas cada unha, a pesares de que teñen dous anos. Estas son as puntuacións: GALA DO TOXAL: 135 PUNTOS. GUÍA DAS TORRES VIKINGAS: 125 PUNTOS. GALO DAS TORRES VIKINGAS: 120 PUNTOS. GARA DAS TORRES VIKINGAS: 130 PUNTOS.