28 febrero, 2007

PROBA DE TRABALLO DE BÉLGIDA (VALENCIA)







O mesmo día que participei co meu equipo, fíxoo tamén Rubén Martínez, con dous cans e unha cadela, completando o lote cun can meu.


Neste campo tivemos mellor sorte, levantamos varios coellos, facendo unha boa persecución no último.


Os cans acadaron as seguintes puntuacións.
Sony de Oria-mendi 120 Bo.
Anta 120 Bo
Vigo du Rocher de Charmes 125 Moi bo (Mellor can da proba), estes tres propiedade de Rubén e
Vento du Rocher de Charmes 125 Moi Bo. Con estas puntuacións quedamos empatados tres equipos no primeiro posto.

PROBA DE TRABALLO DE BÉLGIDA (VALENCIA)







Os días 16 e 17 de febreiro, celebrouse en Bélgida (Valencia) unha proba de rastro de coello, organizada polo Club do Leonado. Participei cun equipo de tres cadelas e un can.

Na zona que me tocou, non encontrei nin un só rastro, polo que os cans non tiveron a oportunidade de demostrar nada.