20 febrero, 2014

A IMPORTANCIA DA CRÍA E DA SELECCIÓN

Á hora de ter un bo equipo de cans e cadelas tanto para cazar como para competir, é moi importante a cría e a selección. É dicir, se criamos temos posibilidades, e para criar debemos por moita atención na selección de bos proxenitores. Isto que vos digo, levo comprobando dende hai moito tempo. As últimas incorporacións son estas dúas cadelas, ILLA E IRA DAS TORRES VIKINGAS, fillas de DAKAR DURALLYE DE RAMONDENS e de GALA DO TOXAL. Apenas as saquei tres veces ao campo, e deixáronme encantado, se progresan da mesma maneira que comezan, poderán ser as substitutas de cadelas como VALIÑA, TROSCA, VAIRA ou VOLTA DU ROCHER DE CHARMES.

18 febrero, 2014

PROBA DE MUROS O domingo 9 de febreiro, a carón da lagoa de Louro, en Muros, e cunha chuvia intensa e interminable, participei nunha proba de rastro de coello organizada polo Club do Beagle. A verdade é que tal e como se presentou a mañá ninguén podía esperar que se produciran uns lances tan bos. O terreo estaba absolutamente empapado, o enxurro e os regueiros de auga corrían por todos lados, eran necesarias unhas boas botas e roupa para non acabar enchoupado (pode comprobarse nas fotos). O equipo realizou ao meu entender un excelente traballo, levantou tres coellos dunha forma espectacular, un deles viuse varias veces e o seguimento foi ata o remate do tempo. O único apartado que baixou as puntuación foi que GALO quedou descolgado do equipo despois do segundo levante e incorporouse un pouco tarde ao terceiro. Con todo, o obxectivo está cumprido, as tres cadelas teñen como mínimo dúas probas moi boas cada unha, a pesares de que teñen dous anos. Estas son as puntuacións: GALA DO TOXAL: 135 PUNTOS. GUÍA DAS TORRES VIKINGAS: 125 PUNTOS. GALO DAS TORRES VIKINGAS: 120 PUNTOS. GARA DAS TORRES VIKINGAS: 130 PUNTOS.