14 octubre, 2010

A BAÑA




O club do Beagle realizou unha proba de traballo para cans de rastro, (modalidade de coello) o 6 e 7 marzo, en A Baña (A Coruña). Participei con un lote de tres cadelas e un can. Tocoume no campo nº 5. Os cans levantaron 4 coellos, aínda que non lle deron moito xogo, agás o último que aguantou uns vinte minutos antes de entobar. Destacar que DUN, con dous anos conseguiu a primeira puntuación nunha proba autorizada pola Real Sociedad Canina de España.
Acadaron as seguintes puntuacións:
VALIÑA: 130 PTS MOI BOA.
VAIRA: 125 PTS MOI BOA
VOLTA DU ROCHER DE CHARMES: 125 PTS MOI BOA
DUN DAS TORRES VIKINGAS: 125 PTS MOI BOA

13 octubre, 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 2010

O 11 de setembro, participei con dous lotes de Basset Fauve de Bretagne, no campionato provincial de rastro de coello de Pontevedra. Por primeira vez neste tipo de probas, o mesmo propietario acada o primeiro e o segundo posto. O primeiro equipo conseguiu 530 puntos, facendo un traballo moi bo. Ao facer a solta, prodúcese un levante e mantense unha persecución sostida polas catro cadelas de 25 minutos. Despois levantaron outros dous coellos ata o final do tempo. Acadaron as seguintes puntuacións:
TINA (TROSCA): 128 Puntos. Moi Boa.
VAIRA: 121 Puntos. Boa.
VALIÑA: 143 Puntos. Moi Boa.
VOLTA DU ROCHER DE CHARMES: 138 Puntos. Moi Boa.
Co seguinte equipo, participei xunto a Ramón Busto, de 12:00 a 13:00 h. Facía moita calor, pero aínda así, os cans fixeron un traballo excelente. Levantaron o primeiro coello aos 5 min. de soltalos e despois dunha persecución moi viva, o coello saíu por un camiño recorrendo máis de 100 metros, resolvendo perfectamente, o coello gardouse nun tobo. O segundo coello realizou unha carreira moi longa, por un monte de toxo moi duro e laxes, resolvendo de maneira moi eficaz. Acadaron as seguintes puntuacións:
VENTO DU ROCHER DE CHARMES: 142 Puntos. Moi Bo.
EMIR DAS TORRES VIKINGAS (Ramón Busto): 127 Puntos. Moi Bo.
DAKAR DU RALLYE DE RAMONDENS (Ramón Busto): 116 Puntos. Moi Bo.
EITO DO TOXAL: 134 Puntos. Moi Bo.

http://www.federaciongalegadecaza.com/vernova/725-xoan-castano-conde-convirtese-no-campion-provincial-de-pontevedra-de-rastro-de-coello