01 enero, 2012

FIN DA TEMPADA 2011









A tempada 2011 chega ao seu final. Podo dicir que foi extraordinaria, tanto a nivel de capturas como de lances. Houbo días nos que apenas había descanso entre un coello e o seguinte. Gustaríame destacar os distintos días que cazaron comigo Rubén, Ramón e Manuel, (algunhas das fotos son deles). O día que cacei con Rubén, aínda que pola mañá só cazamos dous coellos, o traballo dos cans foi inmellorable tanto nos levantes como no seguimento. O mesmo sucedeu o día con Manuel e Ramón, pero esta vez tivemos mellor sorte, tres e catro capturas e varios lances máis, algúns avistados pero “escaparon”. Agora, como dicía noutra entrada, o que máis me ilusiona e a preparación dos cinco “cachorros” do futuro. Algunha proba xa lle fixen e o resultado foi moi positivo. Seguiremos en contacto. Un saúdo.