19 noviembre, 2011

O FUTURO




Ola de novo: aquí nestas fotos, pode estar o futuro. Na que aparecen tres, son fillos de TINA (TROSCA) e de EITO DO TOXAL. É un cruce especial posto que con el busco as mellorores características de TROSCA. Ademais TROSCA xa ten demostrado ser unha excepcional reprodutora.
Despois aparece unha cadela filla de COSTA DAS TORRES VIKINGAS (propiedade de Javier Ayaso) e de VENTO DU ROCHER DE CHARMES. De VENTO, pouco novo vos podo contar, teño varios fillos del, e todos cazando moi ben. De COSTA decirvos que me sorprendeu enormemente, é a cadela que calquera cazador lle gustaría ter, tenaz e intelixente.
Na última aparece TOXO, eu chamareino GOIO, é fillo de DUNA DAS TORRES VIKINGAS e de DAKAR DU RALLYE DE RAMONDENS. Ten un excepcional pedigree. Na proba de COLES, pregunteille a PASCAL LAMAZIERE por os seus pais BRICK E TANDRESSE e a resposta foi que eran excelentes cazadores, por iso BRICK é ELITE A e TANDRESSE ten varia probas excelentes.
Teñen entre 7 e 5 meses. A partir de xaneiro comezaremos a entrenalos "en serio".
Un saúdo

08 noviembre, 2011

COLES (OURENSE)




O 8/10/2011 participei nuha proba do Club do Beagle en Coles (Ourense). O xuíz tamén era de Francia, o Sr. Pascal Lamazier. Gustáronlle moitísimo os cans do primeiro lote. Fixeron un traballo moi bo. Tiveron que perseguir un coello que cruzou varios limpos e dúas paredes. Foi neste momento cando o xuíz destacou as calidades dos cans. As puntuaciónS foron as seguintes:
VOLTA DU ROCHER DE CHARMES: 135 Puntos.
VENTO DU ROCHER DE CHARMES: 125 Puntos.
EITO DO TOXAL: 130 Puntos.
ELFO DAS TORRES VIKINGAS: 130 Puntos.
O segundo equipo non tivo tanta sorte. Había presenza de outros cans que estaban adestrando e que impediron que o equipo fixera un bo traballo.
DUN DAS TORRES VKINGAS: 105 Puntos.
EBRA DAS TORRES VIKINGAS: 105 Puntos.
DAKAR DU RALLYE DE RAMONDENS: 105 Puntos.
FACO DAS TORRES VIKINGAS: 105 Puntos.

O 25 de setembro, o Club do Basset Leonado organizou unha proba de rastro de coello en Dehesas (Ponferrada). Contou coa presenza do xuíz frances Sr. Trecherel. A densidade de coellos era moi boa, pero a temperatura era altísima e ademais o terreo non permitiu ver lances de longa duración. Estaba cheo de buratos e os coellos rapidamente se gardaban, non daban apenas xogo. Os dous equipos levantaron numerosos coellos, pero como xa dixen as carreiras cortas. Aínda así, o xuíz valorou moi positivamente o traballo dos equipos. Os resultados foron os seguintes:
EITO DAS TORRES VIKINGAS: 115 Puntos.
ELFO DAS TORRES VIKINGAS: 120 Puntos.
EIDO DAS TORRES VIKINGAS: 115 Puntos.
VAIRA: 130 Puntos.
O segundo equipo, con Ramón Busto acadou estas puntuacións:
VENTO DU ROCHER DE CHARMES: 135 Puntos.
DUN DAS TORRES VIKINGAS: 120 Puntos.
DAKAR DU RALLYE DE RAMONDENS: 125 Puntos.
FACO DAS TORRES VIKINGAS: 115 Puntos.