08 enero, 2010

ÚLTIMO DÍA DE CAZA


O xoves, 6 de xaneiro, foi o último día de caza desta tempada. A verdade é que foi unha xornada excepcional, tanto polo resultado, (catro coellos), como polos lances que o equipo de leonados me ofreceu. Houbo persecucións de hora e media por toxais de moita dureza, dous deles remataron coa captura do coello polos Basset Fauve de Bretagne. Agora toca prepara os equipos para as próximas citas, as probas de rastro organizadas polo Club do Basset Leonado e polo Club do Beagle que se realizarán nos meses de febreiro e marzo respectivamente.