25 septiembre, 2006

TRES REPRODUCTORES


Estes son os tres machos, excelentes cazadores, de esquerda a dereita: THOR, fillo de Lalie de la Fontaine du Baconnet e Maxou du Domaine de Locmenard, MAXOU e VENTO DU ROCHER DE CHARMES.

EQUIPO CAMPIÓN DE PONTEVEDRA DE RASTRO DE COELLO


Catro das cadelas que aparecen aquí gañaron o sábado 23 de setembro en Vila de Cruces o campionato provincial de rastro de coello.
Tanto Volta du Rocher de Charmes 1ª esquerda como Valiña, Trosca e Vaira 1ª dereita obtiveron unha puntuación de 140 puntos, en total 560.
Despois de levantar un coello realizaron unha persecución continuada de 40 minutos sen pérdidas ata que o coello no último minuto da proba gardouse no tobo.