27 febrero, 2010

AGOLADA 2010






O 6 e 7 de febreiro o Club español do Basset Fauve de Bretagne organizou unha proba de rastro en AGOLADA. Participei con dous equipos, o primeiro con Vento du Rocher de Charmes, Dun das Torres Vikingas , Cuba das Torres Vikinga e Dakar du Rallye de Ramondens, non tiveron oportunidade de “levantar” ningún coello, o tempo estaba moi chuvioso e aínda que buscaron con moita intensidade non encontraron nin un só rastro ata o final do tempo regulamentario.
Pola tarde tocoulle a quenda de Tina (Trosca), Valiña, Vaira e Volta. Despois dunha busca de 5min. aproximadamente, produciuse o levante, o coello foi visto varias veces polo xuíz, o coello desprazouse unha distancia enorme e as cadelas realizaron unha persecución espectacular ata o final do tempo sen unha soa pérdida.
Acadaron as seguintes puntuacións:
TINA: 140 Puntos Moi Boa
VAIAR: 145 Puntos Moi Boa
VOLTA DU ROCHER DE CHARMES: 145 Puntos Moi Boa
VAIÑA: 160 Puntos EXC. CACT
Nas imaxes cos dous equipos e recibindo os premios co xuíz, Yves Henrio e con José Luís Calvo.