06 febrero, 2011

TEMPADA 2010






Hai algo máis dun mes que rematou a tempada de caza. Non podo dicir que fose a mellor dos últimos anos en canto a nº de capturas, a verdade é que tamén e por distintas causas, poucos días acudín ao monte, pero si que é certo que vivín lances moi bos. O positivo desta tempada foi a comprobación do espectacular progreso de tres das novas incorporacións ao equipo: ELFO, EBRA e EITO, que con apenas 18 meses tiveron un comportamento excelente. Coido que o futuro pasa por eles.
No aspecto dos resultados nas distintas probas, tanto as organizadas pola Federación como polos distintos Clubs co recoñecemento da Sociedade Canina Galega, foron moi bos, como se pode comprobar nas entradas.
Pero neste momento, o máis negativo, produciuse a mediados de novembro, coa morte de VALIÑA. Penso que tanto a nivel de caza como de resultados, estou obrigado a traballar arreo para acadar outra cadela do seu nivel. Aínda que o presente é o que importa, recoñezo que supuxo para min unha perda importante en tódolos aspectos, é sempre quedarán no meu recordo algúns dos seus lances nos 6 anos comigo.
Ata pronto.