16 marzo, 2013

BEMBIBRE 2013

O pasado sábado 23 de febreiro, participei cun equipo nunha proba, en Bembibre (León) organizada polo Club do Beagle. É incomprensible que o club do “leonado” ao que pertenzo, non sexa capaz de organizar unha proba en Galiza. Iso que hai equipos dabondo na nosa nación. Será que os representantes son uns incompetentes, de ser así, deberían dimitir. Pero, ao que imos, o equipo que presentei apenas tiñan unha media de 18 meses, e fixeron unha moi boa actuación. Era a primeira vez que participaban e nun ambiente de moi boa densidade de coellos acadaron as seguintes puntuacións: GARA DAS TORRES VIKINGAS: 120 PUNTOS GUÍA DAS TORRES VIKINGAS: 125 PUNTOS. MOI BOA GALA DO TOXAL: 125 PUNTOS. MOI BOA GALO DAS TORRES VIKINGAS: 120 PUNTOS